top of page

PEIXE está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.

 

PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos quen... E de aquilo que somos e non desexamos.

 

PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación.

 

PEIXE é entender que entre nós até onde alcanza a ollada non hai peixeira que nos peche.

 

PEIXE somos cada ún de nós, únicos e irrepetibles.

O EQUIPO

Por suposto, son salientables os músicos da banda: Artur Puga (percusións, voz e danza tradicionais), Martiño Malleiro (acordeón, clarinete e voz), Carlos Quintá (Violín, sintetizador, percusións e voz tradicionais) Xan Pérez (ventos, percusións, voz  e danza tradicionais), Xosé Liz (arreglos bouzuki, requinta, mandolina, percusións e voz tradicionais), Jose Manuel Díaz (Contrabaixo), Miguel Fraile (Guitarras Española e eléctrica) e Iago Ramilo (Saxo soprano, barítono e alto, percusións e voz tradicionales). Todos elo condimentado coa maestría, acordes, melodías e ritmos, de antigas melodías traídas a esta modernidade actual, pondo énfase na contemporaneidade do folk con extremo amor e coidado de non fectar o seu carácter intrinsecamente bailable.

 

 Unha masa de bica musical engrosada polo fermento artístico encarnado nos marabillosos arranxos do mestre e gran músico Carlos Quintá.

 

Pero non menos importante é o equipo de xestión: Itziar Quesada (Produción executiva), Merchi Pérez (Produción e management), Carlos Veleiro (Comunity Manager), Marta Enríquez (Merchandissing), Enya Casal e Marcos Iglesias (Fotografía), Jose Comesaña (Deseño gráfico), Sara Bonner (Traducións) , Edu Ortiz (apoio técnico) e os profesionais de `Amphilocos´ (deseño web, gráfico e redes), `BeaBesada homestudio´(creación e edición videográfica) e `Nalgures Producións´ (Produción e representación).

OS COLABORADORES

Neste PEIXE contamos coa colaboración de grandísimos músicos de dilatada traxectoria.

 

Entre eles atópanse personas como Úrsula Rial (ETRAD), Fran Lúcas (Coetus), Pepe Vaamonde (Pepe Vaamonde Grupo), Pablo Doval (Liño do Cuco), Aida Tarrío (Tanxugueiras), Alba Faro (SonDeSeu), Diego Calviño, Diego Cabaleiro e Iván Blanco (O Fiadeiro), Rodrigo Romaní (Fundador de Milladoiro, director da ETRAD e da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu), Alasdair Fraser (Fiddler e compositor escocés afincado en California responsable de bandas sonoras como `El último Mohicano´ ou `Piratas del Caribe´), Natalie Haas (Californiana mestra de cello na `Berkeley School of Music´ e parella musical de Fraser).

primera_tanda (11).jpg
bottom of page