top of page

“Peixe” de Xisco Feijóo e “Andorinhas” de Ana Moura, mellores cancións galega e portuguesa nos premios aRi[t]mar

A edición deste ano dos premios aRi[t]mar xa teñen gañadores nas categorías de Mellor Canción do Ano 2021 na Galiza e Mellor Canción do Ano 2021 en Portugal. Os 5.500 votos emitidos polo público a través da Internet decidiron que fosen elixidas “Peixe”, de Xisco Feijóo, e “Andorinhas”, de Ana Moura. 

Os temas triunfadores foron seleccionados entre dez músicas galegas finalistas e outras tantas portuguesas. A segunda e terceira cancións máis votadas na categoría galega foron, respectivamente, “Pobo de Artistas” de Dakidarría, e “Maneo de Cambre”, de Caamaño&Ameixeiras. Na categoría lusa, a segunda e terceira cancións máis votadas foron “Estou por tudo”, de Miguel Araújo, e “Eco”, de Carolina Deslandes. 

IMG_9405.JPG

BIO

Cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu.

bottom of page